Actividade e contacontos Maimiños e Furabolos o 23 de outubro de 2026
O vindeiro venres 23 de outubro de 2026 das 17:00 ás 19: 00 horas na Escola Infantil Municipal da Baña (PAI) desenvolverase a primeira sesión do proxecto Maimiños e Furabolos para familias con crianzas de 0 a 6. Esta reunión será unha primeira toma de contacto cunha breve presentación do proxecto, seguida dunha sesión de contacontos sobre a nosa contorna, os espazos que habitamos e os diferentes elementos que nos rodean ao longo das estacións do ano. Así pois, sumádevos a esta viaxe a través do espazo e do tempo.
Para realizar a inscrición é necesario contactar co SNL previamente comunicando o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade da(s) crianza(s) así como un enderezo electrónico e un teléfono de contacto, a través do enderezo electrónico snlabananegreira@gmail.com, dos teléfonos 981 88 65 01 / 981 88 58 86 ou presencialmente nas oficinas do SNL das 8:30 ás 14:30 horas os luns, mércores e venres na Casa do Concello da Baña ou os martes e xoves na Casa da Cultura de Negreira.

Comentarios
Publicar un comentario