Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2026

Actividade e contacontos Maimiños e Furabolos o 23 de outubro de 2026

Imaxe
Esta proposta consiste en reunións periódicas para as familias con peques de 0 a 6 anos do concello que queiran crear rede e espazos de socialización en galego, a través dun lugar de reflexión e empatía. O vindeiro venres 23 de outubro de 2026  das 17:00 ás 19: 00 horas na Escola Infantil Municipal da Baña (PAI) desenvolverase a primeira sesión do proxecto Maimiños e Furabolos para familias con crianzas de 0 a 6 . Esta reunión será unha primeira toma de contacto cunha breve presentación do proxecto, seguida dunha sesión de contacontos sobre a nosa contorna, os espazos que habitamos e os diferentes elementos que nos rodean ao longo das estacións do ano. Así pois, sumádevos a esta viaxe a través do espazo e do tempo. Para realizar a inscrición  é necesario contactar co SNL previamente comunicando o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade da(s) crianza(s) así como un enderezo electrónico e un teléfono de contacto , a través do enderezo electrónico snlabananegreira@gmail...

O Concello da Baña súmase ao proxecto Enreguéifate!

Imaxe
O Enreguéifate ofrece un obradoiro dirixido a profesorado como primeira actividade da súa décima edición O prazo de inscrición xa está aberto para participar nesta actividade formativa que terá lugar venres, 23 de outubro, no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Baña e Narón súmanse este ano aos concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo para impulsar este proxecto de dinamización lingüística que pon en valor a regueifa, unha das expresións da poesía popular oral. 14 de outubro de 2026.- O Enreguéifate dá comezo ás actividades da súa décima edición cun obradoiro para docentes que queiran descubrir o valor da regueifa como ferramenta didáctica. A sesión terá lugar o venres 23 de outubro, de 16:30 a 20:30 h, no Pazo da Cultura de Pontevedra. A través da improvisación oral, as persoas participantes explorarán estratexias para fomentar a expresión, a empatía e o traballo en equipo nas aulas, ao tempo que promoven valores como a diversidade, a cooperación, a ...