O SNL da Baña e Negreira participa na nova xeira dos grupos de conversa Falarmos...nós!
A rede de grupos de conversa Falarmos...nós! inicia unha nova andaina O Servizo de Normalización Lingüística da Baña e Negreira incorpórase á rede de grupos de conversa Falarmos Nós , unha iniciativa impulsada pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña que ten como obxectivo facilitar espazos de encontro e participación para favorecer o uso do galego no día a día. O pasado fin de semana, o local da Asociación Xiradela, en Arteixo, acolleu a xuntanza previa ao inicio da nova xeira 2026/2027. No encontro participaron representantes da Deputación e as persoas dinamizadoras dos grupos que xa formaban parte da rede na xeira anterior, así como dos novos grupos que se incorporarán ao proxecto a partir deste outono. Os grupos de conversa están dirixidos tanto a persoas que saben falar galego pero non o empregan habitualmente nas súas relacións sociais como a aquelas que se atopan nun proceso de adquisición da competencia oral e contan cunha boa capacidade de comprensión e d...