A Baña incorpórase ao Enreguéifate na súa décima edición
´ Proxecto Enreguéifate: dez anos construíndo patrimonio a través da regueifa A concelleira Mónica González Blanco participou na presentación do programa, que inclúe obradoiros de improvisación oral en galego para alumnado de 5º e 6º de primaria e da ESO O certame de regueifas en vídeo, aberto a toda a cidadanía, terá o prazo de inscrición do 1 de marzo ao 6 de abril de 2027 Os concellos de Ames, Arzúa, A Baña, Carballo, Narón, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo impulsan esta iniciativa de dinamización para fomentar o uso da lingua galega entre a mocidade. 17 de novembro de 2026.- O Enreguéifate celebra unha década de traballo arredor da improvisación oral en verso como vía para o fomento da lingua galega entre a mocidade. O proxecto, impulsado polos servizos de normalización lingüística de Ames, Arzúa, A Baña, Carballo, Narón, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo presentou esta mañá o programa da súa décima edición. Na presentación oficial participaron a concelleira de...