Venres 20 de novembro. Contacontos "Unha tarde especial con Dori"


Esta proposta consiste en actividades e reunións periódicas
para as familias con peques de 0 a 6 anos do concello que queiran crear rede e espazos de socialización en galego, a través dun lugar de reflexión e empatía.

Continuamos coa nosa programación cunha nova proposta, o contacontos Unha tarde especial con Dori de Batucado e Emusín.

Este proxecto vainos levar ao cuarto dunha rapaza moi curiosa e con moita imaxinación. Veremos como Dori prepara algo especial para a súa Avoa polo seu aniversario. Será unha torta? Un debuxo? Ou unha canción? Teremos que acompañala nesta aventura para descubrilo, na cal mediante contos, movemento, música e elementos luminosos nos fará pasar un día máxico.

Esta actividade é para familias con peques de 0 a 3 anos e realizarase na Escola Infantil Municipal da Baña (Sanamede, antigo PAI) ás 18:00 horas o próximo venres 20 de novembro.

Lembrade que para realizar a inscrición é necesario contactar co SNL previamente comunicando o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade da(s) crianza(s) así como un enderezo electrónico e un teléfono de contacto, a través do enderezo electrónico snlabananegreira@gmail.com, dos teléfonos 981 88 65 01 / 981 88 58 86 ou presencialmente nas oficinas do SNL das 8:30 ás 14:30 horas os luns, mércores e venres na Casa do Concello da Baña ou os martes e xoves na Casa da Cultura de Negreira.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O SNL da Baña e Negreira participa na nova xeira dos grupos de conversa Falarmos...nós!

Presentamos a programación infantil do SNL

O Servizo de Normalización Lingüística da Baña e Negreira está de volta