Publicacións

O SNL da Baña e Negreira participa na nova xeira dos grupos de conversa Falarmos...nós!

Imaxe
A rede de grupos de conversa Falarmos...nós! inicia unha nova andaina O Servizo de Normalización Lingüística da Baña e Negreira incorpórase á rede de grupos de conversa Falarmos Nós , unha iniciativa impulsada pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña que ten como obxectivo facilitar espazos de encontro e participación para favorecer o uso do galego no día a día. O pasado fin de semana, o local da Asociación Xiradela, en Arteixo, acolleu a xuntanza previa ao inicio da nova xeira 2026/2027. No encontro participaron representantes da Deputación e as persoas dinamizadoras dos grupos que xa formaban parte da rede na xeira anterior, así como dos novos grupos que se incorporarán ao proxecto a partir deste outono. Os grupos de conversa están dirixidos tanto a persoas que saben falar galego pero non o empregan habitualmente nas súas relacións sociais como a aquelas que se atopan nun proceso de adquisición da competencia oral e contan cunha boa capacidade de comprensión e d...

Venres 2 de outubro ás 18:00 h na Baña (EIM). Contacontos sensorial

Imaxe
Este venres 2 de outubro vaise desenvolver unha actividade, contacontos sensorial , unha sesión   de contos destinada a familias con ganas de compartir unha experiencia feliz da man das palabras e as emocións que acompañan as verbas, as cancións, a lectura, os libros... Todo acompañado de obxectos manipulables para chamar a atención deste público inquedo. A actividade é ás 18:00 h na Escola Infantil Municipal (PAI)  e p ara realizar a inscrición é necesario contactar co servizo previamente comunicando o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade da(s) crianza(s) así como un enderezo electrónico e un teléfono de contacto, a través do enderezo electrónico snlabananegreira@gmail.com, dos teléfonos 981 88 65 01 / 981 88 58 86 ou presencialmente nas oficinas do SNL das 8:30 ás 14:30 horas os luns, mércores e venres na Casa do Concello da Baña ou os martes e xoves na Casa da Cultura de Negreira.

Mércores 30 de setembro ás 17:00 h en Negreira. Contacontos e imaxinación: actividade creativa

Imaxe
Mañá mércores 30 de setembro vaise desenvolver unha actividade, contacontos e imaxinación , que ten como obxectivo traballar a imaxinación a través da palabra, da escoita, da fala e do debuxo para conectarmos de novo cos lugares que nos rodean e cos nomes que forman parte da nosa contorna, a toponimia.  O obradoiro é ás 17:00 h na Casa da Cultura de Negreira e p ara realizar a inscrición é necesario contactar co servizo previamente comunicando o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade da(s) crianza(s) así como un enderezo electrónico e un teléfono de contacto, a través do enderezo electrónico snlabananegreira@gmail.com, dos teléfonos 981 88 65 01 / 981 88 58 86 ou presencialmente nas oficinas do SNL das 8:30 ás 14:30 horas os luns, mércores e venres na Casa do Concello da Baña ou os martes e xoves na Casa da Cultura de Negreira.

O Club de Debate Alingua abre a inscrición da edición 2026/2027

Imaxe
CLUB DE DEBATE ALINGUA A iniciativa, promovida pola Asociación de Entidades pola Lingua Galega (Alingua), para a promoción do uso oral do galego, consolídase como unha das grandes referencias da dinamización lingüística no calendario escolar. O período de inscricións estará aberto entre o 25 de setembro e o 20 de novembro de 2026. En xaneiro celebraranse as sesións formativas co alumnado inscrito, as fases previas terán lugar a finais de febreiro e a gran final será no mes de abril de 2027. N a procura do alumnado de secundaria e bacharelato máis hábil coas palabras comeza de xeito oficial a edición 2026/2027 do Club de Debate Alingua. O certame, que busca fomentar a oratoria, o pensamento crítico e o uso do galego entre a mocidade, manterá aberto o período de inscricións ata o 20 de novembro. A iniciativa d iríxese a o alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de bacharelato, ou cursos equivalentes dos ciclos formativos. Os equipos estarán formados por grupos de en...

Falarmos nós! Grupo de conversa en galego

Imaxe
 Presentamos o proxecto Falarmos...Nós O Servizo de Normalización Lingüística da Baña e Negreira pon en marcha o proxecto promovido pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña Falarmos...nós , un grupo de conversa en galego para falar, escoitar, socializar e compartir dende a proximidade e a confianza. O mércores 30 de setembro de 18:00 a 19:00 horas ponse en marcha Falarmos...nós , un grupo de conversa en galego para persoas que queren usar máis a nosa lingua no seu día a día ou mellorar a súa expresión oral nun ambiente seguro e acolledor. Así pois, u nímonos a este proxecto impulsado pola área de Normalización Lingüística da Deputación Provincial da Coruña , que aposta por crear espazos reais de uso da lingua baseados na participación e na conversa. O grupo contará cun número reducido de participantes, o que facilita a interacción, e cunha ou dúas persoas dinamizadoras que propoñerán temas e coidarán de que todo o mundo teña voz. Non é unha clase nin hai...

Curso de introdución á lingua e cultura galegas

Imaxe
Informamos da convocatoria de dous cursos de Introdución á lingua e cultura galegas nos concellos de Negreira e A Baña en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia. Estes cursos de lingua e cultura galegas de 20 horas de formación son gratuítos, dirixidos a todas as persoas, tanto se teñen coñecementos básicos como se comezan dende cero. O curso está organizado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega. Cada unidade integra contidos de: Fonética, para familiarizarse cos sons do galego e mellorar a pronuncia. Gramática, centrada nas estruturas básicas e frecuentes da lingua. Léxico útil, cun enfoque comunicativo para situacións cotiás. Cultura, no que nos achegaremos á historia do galego. Tamén coñeceremos algunha das moitas festas gastronómicas galegas e cales son os festivais de música máis destacados. Ademais, poderemos prepararnos ...

Presentamos a programación infantil do SNL

Imaxe
                                   Nas vindeiras semanas desenvolveranse obradoiros e actividades gratuítas para as familias con pequechos e pequechas de 0 a 6 anos co obxectivo de fomentar os espazos de socialización en lingua galega, así como a aprendizaxe arredor de materiais e recursos lúdico-didácticos para a primeira infancia. Para realizar a inscrición en ambos programas é necesario contactar co servizo previamente comunicando o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade da(s) crianza(s) así como un enderezo electrónico e un teléfono de contacto, a través do enderezo electrónico snlabananegreira@gmail.com, dos teléfonos 981 88 65 01 / 981 88 58 86 ou presencialmente nas oficinas do SNL das 8:30 ás 14:30 horas os luns, mércores e venres na Casa do Concello da Baña ou os martes e xoves na Casa da Cultura de Negreira. PROGRAMA APEGO Para esas familias que queredes que a lingua galega for...

O Servizo de Normalización Lingüística da Baña e Negreira está de volta

Imaxe
 Benvidos e benvidas de novo ao Servizo de Normalización Lingüística, Dende os concellos da Baña e de Negreira prácenos comunicarvos que coa volta do SNL tamén se dá comezo a diferentes programas co obxectivo de fomentar o aumento do uso da lingua galega e da mellora do seu prestixio a nivel social.  Para contactar co servizo pode chamar aos teléfonos 981 88 65 01 / 981 88 58 86, enviar un correo ao enderezo electrónico snlabananegreira@gmail.com ou visitar as nosas oficinas no horario de 8:30 a 14:30 horas, os luns, mércores e venres na Casa do Concello da Baña ou os martes e xoves na Casa da Cultura de Negreira.