Actividade Apego, Maimiños e Furabolos o 6 de novembro de 2026
Esta proposta consiste en actividades e reunións periódicas para as familias con peques de 0 a 6 anos do concello que queiran crear rede e espazos de socialización en galego, a través dun lugar de reflexión e empatía.
Este venres 6 de novembro de 2026 das 17:00 ás 19: 00 horas na Escola Infantil Municipal da Baña (PAI) desenvolverase a primeira sesión do proxecto Maimiños e Furabolos para familias con crianzas de 0 a 6.
Esta actividade centrarase nunha sesión de contacontos e o xogo libre. Así pois, sumádevos a esta viaxe a través do espazo e do tempo.
Para realizar a inscrición é necesario contactar co SNL previamente comunicando o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade da(s) crianza(s) así como un enderezo electrónico e un teléfono de contacto, a través do enderezo electrónico snlabananegreira@gmail.com, dos teléfonos 981 88 65 01 / 981 88 58 86 ou presencialmente nas oficinas do SNL das 8:30 ás 14:30 horas os luns, mércores e venres na Casa do Concello da Baña ou os martes e xoves na Casa da Cultura de Negreira.


Comentarios
Publicar un comentario