Mércores 30 de setembro ás 17:00 h en Negreira. Contacontos e imaxinación: actividade creativa



Mañá mércores 30 de setembro vaise desenvolver unha actividade, contacontos e imaxinación, que ten como obxectivo traballar a imaxinación a través da palabra, da escoita, da fala e do debuxo para conectarmos de novo cos lugares que nos rodean e cos nomes que forman parte da nosa contorna, a toponimia. 

O obradoiro é ás 17:00 h na Casa da Cultura de Negreira e para realizar a inscrición é necesario contactar co servizo previamente comunicando o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade da(s) crianza(s) así como un enderezo electrónico e un teléfono de contacto, a través do enderezo electrónico snlabananegreira@gmail.com, dos teléfonos 981 88 65 01 / 981 88 58 86 ou presencialmente nas oficinas do SNL das 8:30 ás 14:30 horas os luns, mércores e venres na Casa do Concello da Baña ou os martes e xoves na Casa da Cultura de Negreira.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O SNL da Baña e Negreira participa na nova xeira dos grupos de conversa Falarmos...nós!

Presentamos a programación infantil do SNL

O Servizo de Normalización Lingüística da Baña e Negreira está de volta