Venres 2 de outubro ás 18:00 h na Baña (EIM). Contacontos sensorial



Este venres 2 de outubro vaise desenvolver unha actividade, contacontos sensorial, unha sesión de contos destinada a familias con ganas de compartir unha experiencia feliz da man das palabras e as emocións que acompañan as verbas, as cancións, a lectura, os libros... Todo acompañado de obxectos manipulables para chamar a atención deste público inquedo.

A actividade é ás 18:00 h na Escola Infantil Municipal (PAI) e para realizar a inscrición é necesario contactar co servizo previamente comunicando o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade da(s) crianza(s) así como un enderezo electrónico e un teléfono de contacto, a través do enderezo electrónico snlabananegreira@gmail.com, dos teléfonos 981 88 65 01 / 981 88 58 86 ou presencialmente nas oficinas do SNL das 8:30 ás 14:30 horas os luns, mércores e venres na Casa do Concello da Baña ou os martes e xoves na Casa da Cultura de Negreira.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O SNL da Baña e Negreira participa na nova xeira dos grupos de conversa Falarmos...nós!

Presentamos a programación infantil do SNL

O Servizo de Normalización Lingüística da Baña e Negreira está de volta