Curso de introdución á lingua e cultura galegas
Informamos da convocatoria de dous cursos de Introdución á lingua e cultura galegas nos concellos de Negreira e A Baña en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.
Estes cursos de lingua e cultura galegas de 20 horas de formación son gratuítos, dirixidos a todas as persoas, tanto se teñen coñecementos básicos como se comezan dende cero.
O curso está organizado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega. Cada unidade integra contidos de:
Fonética, para familiarizarse cos sons do galego e mellorar a pronuncia.
Gramática, centrada nas estruturas básicas e frecuentes da lingua.
Léxico útil, cun enfoque comunicativo para situacións cotiás.
Cultura, no que nos achegaremos á historia do galego. Tamén coñeceremos algunha das moitas festas gastronómicas galegas e cales son os festivais de música máis destacados. Ademais, poderemos prepararnos para facer o Camiño de Santiago ao tempo que gozamos do clima e dos espazos naturais de Galicia.
Cada unidade inclúe exercicios de autocorrección e actividades de resposta aberta para aprender e practicar a lingua dun xeito entretido e activo.
Pódese acceder ao curso e a todos os materiais descargables na Plataforma de Teleformación.
Manual do Curso de introdución á lingua e á cultura galegas.
Inscrición: do 7 de setembro ao 2 de outubro de 2026, presencialmente das 8:30 ás 14:30 h na Casa da Cultura de Negreira (martes e xoves) ou na Casa do Concello da Baña (luns, mércores e venres), a través do enderezo electrónico snlabananegreira@gmail.com ou por teléfono: 981 88 65 01 / 981 88 58 86.
NEGREIRAOs mércores e xoves das 16:00 ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Negreira, do 14 de outubro ao 12 de novembro de 2026.
A BAÑA
Os luns e venres das 10:00 ás 12:00 horas no edificio de Servizos Sociais, do 19 de outubro ao 20 de novembro de 2026.

Comentarios
Publicar un comentario