Mércores 11 de novembro. Actividade creativa e de imaxinación ás 17:00 horas na Casa da Cultura de Negreira


Esta proposta consiste en actividades e reunións periódicas para as familias con peques de 0 a 6 anos do concello que queiran crear rede e espazos de socialización en galego, a través dun lugar de reflexión e empatía.

Mañá mércores 11 de novembro vaise desenvolver unha actividade, creatividade e imaxinación, que ten como obxectivo traballar coa palabra, a escoita, a fala e o debuxo o 25 de novembro, o Día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, polo tanto, a nosa proposta é crear un espazo de lecer e reflexión sobre a igualdade, a diversidade e a importancia da crianza en valores.

O obradoiro é ás 17:00 h na Casa da Cultura de Negreira e para realizar a inscrición é necesario contactar co SNL previamente comunicando o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade da(s) crianza(s) así como un enderezo electrónico e un teléfono de contacto, a través do enderezo electrónico snlabananegreira@gmail.com, dos teléfonos 981 88 65 01 / 981 88 58 86 ou presencialmente nas oficinas do SNL das 8:30 ás 14:30 horas os luns, mércores e venres na Casa do Concello da Baña ou os martes e xoves na Casa da Cultura de Negreira.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

O SNL da Baña e Negreira participa na nova xeira dos grupos de conversa Falarmos...nós!

Presentamos a programación infantil do SNL

O Servizo de Normalización Lingüística da Baña e Negreira está de volta